Barra de macros
The Macro Toolbar contains commands to create, edit, and run macros.
Biblioteca
Seleccione a biblioteca que desexa editar. O primeiro módulo da biblioteca que seleccione móstrase no IDE de Basic.
Compilar
Compila a macro de Basic. É necesario compilar unha macro despois de modificala, ou se a macro utiliza pasos únicos ou de procedemento.
Activar monitorización
Prema nesta icona para visualizar as variábeis dunha macro. O contido da variábel móstrase nunha xanela a parte.
Localizar parénteses
Realza o texto que está entre dúas parénteses. Sitúe o cursor de texto diante dunha paréntese de abertura ou peche e prema nesta icona.
Diálogo de importación
Chama por un diálogo «Abrir» para importar un ficheiro de diálogo en BASIC.
Se o diálogo importado tiver un nome xa existente na biblioteca, vese unha caixa de mensaxes na que se pode decidir renomear o diálogo importado. Neste caso, o diálogo recibe o nome do seguinte nome «automático» libre ao crear un diálogo novo. Ou tamén se pode substituÃr o diálogo existente co diálogo importado. Se se preme Cancelar, non se imprime o diálogo.
Os diálogos poden conter datos de localización. Ao importar un diálogo pódese producir unha discrepancia do estado de localización do diálogo.
Se a biblioteca contén idiomas adicionais comparado co diálogo importado, ou se o diálogo importando non estiver localizado, os idiomas adicionais son engadidos silenciosamente ao diálogo importado empregando as cadeas da localización por omisión do diÃ
